XUVENTUDE

O xoves 23 terá lugar unha nova xornada do programa de emprego e emprendemento da Concellería de Xuventude

21/05/2013 O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acollerá, a partir das 17h, unha nova sesión destas xornadas, que se están a celebrar baixo o título Os xoves emprende.

A Concellería de Xuventude, xunto coa Junior Empresa JEMSA, puxo en marcha este programa o pasado 25 de abril, co fin de mellorar as competencias emprendedoras e axudar a mozos e mozas con inquedanzas comúns.

Nesta ocasión Guillermo Viña, xerente IGAPENOVA ofrecerá unha charla sobre Técnicas de venta e protocolo empresarial. Despois do descanso, o Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro falará sobre Financiamento e asesoramento: Institucións de apoio.

Para participar nas xornadas é necesaria unha inscrición previa no centro cultural do Ensanche ou enviando a ficha de inscrición a: dptoxunventude@santiagodecompostela.gal.
Terán prioridade aquelas solicitudes de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos empadroados en Santiago. No caso de quedar prazas vacantes atenderanse outras solicitudes.

Compartir: