DEPORTES

O CorreSan Nocturno estará incluído no primeiro Circuíto Provincial de carreiras populares organizado pola Deputación

21/05/2013 A carreira CorreSan Nocturna, que se celebrará o 13 de xullo, foi a elixida pola Deputación da Coruña para formar parte do I Circuíto Provincial de Carreiras Populares, presentado hoxe na sede da Deputación. Ao acto asistiu o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

Incluiranse en total dez probas deportivas organizadas por diferentes concellos da provincia. Segundo explicou o presidente provincial, acompañado na presentación pola vicepresidenta Mariel Padín, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e a directora técnica da Federación, María Dolores González Fernández, a posta en marcha desta iniciativa comeza a modo de experiencia piloto con dez carreiras. "A nosa idea é continuar con este circuíto en próximos anos, e a nosa idea é tamén abrir unha convocatoria para que calquera carreira que cumpra con todos os requisitos deportivos que esixe a lei poida entrar neste novo premio provincial", explicou Diego Calvo.

Tamén relatou o motivo polo cal este circuíto comeza con dez probas, xa que como proxecto piloto tratando de abarcar a maior parte do territorio da provincia posible.

Ademais, todas as que compoñen este circuíto contan cunha grande tradición, gran acollida popular e todas elas están incluídas no calendario da Federación de Atletismo, garantindo así que estas competicións cumpren todos os requisitos necesarios.

O presidente da federación fixo unha presentación do funcionamento do circuíto, no que poderán participar desde os nacidos no 2004 ata maiores de 60 anos, xa que haberá diferentes categorías adaptadas a cada idade.

Os participantes no circuíto deberán, a lo menos, correr en cinco das probas incluídas no programa provincial. Todos os corredores que rematen a carreira recibirán un punto e os primeiros 50 clasificados recibirán unha puntuación extra na que o primeiro terá 50 puntos, o segundo 49 e así, sucesivamente, ata que o que chega no 50ª lugar sume un punto.

As probas incluídas neste primeiro circuíto serán:

- III Carreira Popular do Concello de Carballo (16 de xuño)

- CorreSan Nocturna de Santiago (13 de xullo)

- XII Mila Urbana de Ares (3 de agosto)

- XIV Maratón Popular Concello de Cambre (14 de agosto)

- Maratón de San Xoán de Piñeiro de Mugardos (7 de setembro)

- A Carreira Nocturna Concello de Ferrol (14 de setembro)

- XVI Carreira Popular Santa Uxía de Ribeira (29 de setembro)

- VII ACoruña10 (6 de outubro)

- Carreira Pedestre do Concello de Ames

- XXXIV Carreira Popular de Negreira.

Compartir: