TURISMO

Estambul e Santiago xa están conectados por Turkish Airlines

21/05/2013 O alcalde de Santiago, Ángel Curras, acompañado pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, e outras autoridades, deu a benvida ao primeiro voo procedente de Turquía.

Lavacolla recibíu hoxe o primeiro voo da nova conexión entre Santiago e Estambul, que a compañía Turkish Airlines operará con tres frencuencias semanais, martes, venres e domingo.

Este primeiro voo foi recibido na pista do aeroporto polo alcalde de Santiago, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis. Ángel Currás, na rolda de prensa posterior, agradeceu o compromiso de Turkish Airlines con Lavacolla. O alcalde lembrou que os contactos entre o Concello de Santiago e a compañía turca comenzaron hai xa máis dun ano. Lembrou tamén que nas primeiras reunións, dende Turismo de
Santiago transmitíuselle aos directivos da compañía que Lavacolla é o aeroporto de referencia de Galicia por dous motivos fundamentais: pola súa ubicación central é o principal aeroporto de saída de Galicia, e polo atractivo turístico de Santiago, imaxe máis recoñecida de Galicia no mundo, é o principal porta de entrada na comunidade.

Ángel Curras fixo referencia ao convenio que asinaron Turismo de Santiago e Turkish Airlines a comezos de ano en Fitur para a promoción conxunta da conexión. Reafirmou que o convenio non conta con ninguna aportación económica por ningunha das dúas partes, pero si inclúe accións conxuntas de promoción, como a presenza de Turismo de Santiago por primeira vez na Emitt, a principal feira turística de Turquía

Pola súa banda, o director xeral en funcións de Turkish Airlines en Santiago, Halid Koca, asegurou que a nova conexión vai a incrementar o número de visitantes a Galicia dende todo o mundo e destacou o especial interese que a nova ruta está tendo en países como Xapón. Koca tamén dixo que "Turkish Airlines está moi orgullosa de estrear o voo entre Santiago e Estambul, posto que facilitará aos cidadáns de toda Galicia e o norte de Portugal acceso á ampla rede de destinos onde volamos".

Compartir: