ALCALDÍA

O pintor compostelán Segundo Hevia doa un cadro ao Concello de Santiago

21/05/2013 O salón vermello do Concello acolleu o acto de entrega dun cuadro do pintor compostelán Segundo Hevia á institución municipal. Foi o fillo do artista en ausencia do seu pai, que se atopaba indisposto, o que simbolizou a doazón.

O fillo do pintor fixolle entrega ao alcalde, Ángel Currás, dunha acuarela que recolle un lugar, en palabras do rexedor, "tan especial como é a praza da Inmaculada, tan cerca do Concello". O alcalde agradeceu especialmente este acto de entrega dunha obra dun dos pintores máis prolíficos de Santiago nos últimos 40 anos.

Así mesmo fixo mención á homenaxe que o Consorcio lle rendeu hai algo máis dun ano a Segundo Hevia, de 94 anos, mediante a publicación das súas principais obras a través dun volume que está recabando moito éxito. O libro "Santiago Monumental. Apuntamentos de Segundo Hevia" foi coordinado por Luis Posse e nel recóllense máis de cen debuxos a partir dos cales realizou as súas coñecidas acuarelas sobre Santiago.

Segundo Hevia nace en Pontevedra en 1919 onde pasou os seus primerios anos. Despois de residir en Santiago, Gijón e Granada, trasládase a Compostela cidade na que ocupa cargos representativos e entre os anos 1982 e 1998 foi presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación.

Realizou exposicións en Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ferrol, Barcelona, Madrid, León, Burgos, Lisboa, Braga, Osaka, Hamburgo, Luxemburgo, Bruxelas, sede do Parlamento Europeo, onde expón as coleccións sobre El Camino Francés e El Camino Portugués sendo o único pintor cun cadro colgado en emblemático espazo do citado Parlamento.

En 1994 a Xunta de Galicia declara as coleccións de El Camino francés e El Camino portugués de interese para a promoción do Camiño de Santiago; élle concedida a Medalla Castelao (1997) e Insignia de Ouro do Concello Mondariz Balneario (2000).

En xaneiro de 1998 concédeselle a Medalla de Ouro do Consello Superior de Cámaras de Comercio, Industria e Navegación de España. Recibe, do mesmo modo, as medallas de Ouro do Concello de Santiago e a Deputación Provincial á Cámara de Comercio.

Compartir: