CULTURA

Aaron Thomas presenta o seu novo disco, The blues and greens

20/05/2013 Aaron Thomas preséntanos o seu recentemente editado novo traballo: "The Blues and Greens" (Everlasting Records 2013). É o terceiro longo de Aaron Thomas, ben acompañado como sempre pola crema musical de Madrid, (a súa cidade adoptiva) e de Barcelona, neste caso.

Xa quedaron amplamente demostrados o seu instinto pola melodía que engancha de primeiras nos seus anteriores traballos, "Follow The Elephants" (2007) e "Made of Wood" (2009), pero hai algo máis aquí.

O concerto de Aaron Thomas, do ciclo Íntimo&Acústico, será xoves 23 de maio ás 21.00h na Zona C, as entradas están á venda a 8 euros anticipada e 10 euros na billeteira do Teatro Principal aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h Teléfono da billeteira: 981 542 349, workonsunday.ticketea.com, A Reixa Tenda e na Zona C os días de evento.

Compartir: