CULTURA

As irmás Labèque clausuran a temporada da Filharmonía no Auditorio

13/06/2006 As pianistas Katia e Marielle Labèque pechan a temporada da Real Filharmonía de Galicia, dirixida esta vez por Josep Pons. O "Concerto para dous pianos, percusión e orquestra", de Béla Bartók, xunto á "Sinfonía núm. 2 de Robert Schumann", conforman o programa do xoves 15 de xuño, ás 21.00 horas.

Josep Pons, é o director titular e artístico da Orquestra Nacional de España e está considerado un dos directores españois máis representativos do momento. Para lealmente á súa actividade como titular, é continuamente invitado por orquestras internacionais e dirixiu numerosas producións operísticas. A noite do xoves dirixirá á Real Filharmonía, que estará no escenario xunto ás irmás Labèque, o dúo pianístico máis famoso da actualidade. Son coñecidas pola precisión das súas interpretacións, pero tamén pola súa gran musicalidade e amplitude de repertorio, que abarca dende Bach, Mozart e Schubert ata Stravinski, Gershwin, Bernstein e outros compositores do século XX.

O programa elixido ten coma prato forte o Concerto para dous pianos, percusión e orquestra de Béla Bartók, unha nova formulación realizada en 1940 da Sonta para dous pianos e percusión composta en 1937 e que foi utilizada por Maurice Béjart como base musical para a versión coreográfica de "Huis Clos", de Jean-Paul Sartre. Bartók é, xunto con Schönberg e Stravinski, unha figura sobresaínte na creación dun estilo musical propio do século XX.

Compartir: