CULTURA

'El amor de Eloy' do dramaturgo Ernesto Caballero, no Teatro Principal

20/05/2013 A representación de ‘El amor de Eloy’ de Ernesto Caballero será domingo 2 de xuño ás 21.00h no Teatro Principal. As entradas serán a 18 euros e 15 euros no anfiteatro.

‘El Amor de Eloy’ é unha comedia trepidante e intelixente escrita por Ernesto Caballero onde critica duramente as relacións de parella.

Cada individuo encerra múltiples personalidades dentro de si mesmo e nalgunhas ocasións mestúrase creando dentro da nosa mente un debate interno que nos fai practicamente imposible tomar calquera tipo de decisión. No caso de Eloy, márcanse tres personalidades moi definidas interpretadas por tres actores distintos que comparten escenario durante toda a obra.

O único tema de debate que teñen o tres son os seus problemas coas mulleres. Despois de varios fracasos amorosos aparece nas súas vidas ELA (Patricia Pérez). Revolucionará as súas vidas e paseará o seu amor por cada unha do tres partes de Eloy, apropiándose dos seus sentimentos e do seu luxoso apartamento.

ERNESTO CABALLERO, dramaturgo. Escribiu preto de 50 obras de teatro, case todas estreadas, entre as que destacan Squash, Auto, Santiago (de Cuba) e Cierra España, Un Busto al Cuerpo, Sentido del Deber, Te Quiero... Muñeca, Pepe el Romano e En la Roca.

Como director da Compañía de Teatro el Cruce, nos últimos anos puxo en escena e levou de xira polo territorio nacional os espectáculos Auto, da súa autoría; La Tortuga de Darwin, de Juan Mayorga; La Fiesta de los Jueces, baseada no El Cántaro Roto de Heinrich Von Kleist e Santo, que se estreou no teatro español de Madrid e no que compartiu o traballo de dramaturxia con Ignacio del Moral e Ignacio García May.

O traballo de Ernesto Caballero como director responde a moitas das claves que aparecen tamén na súa produción dramática: a mesma insistencia na temática social e a mesma procura dos límites entre o escenario e a realidade.

En outubro de 2011 o Consejo Artístico del Teatro do Ministerio de Cultura de España elixiulle por unanimidade Director do Centro Dramático Nacional, entre 14 candidatos. Incorporouse ao cargo o 1 de xaneiro de 2012 por un período de cinco anos.

CÉSAR LUCENDO, director. Comezou a súa carreira como actor en 1986 cando tiña só 8 anos. Traballou ás ordes de directores como Fernando Fernán Gómez, Antonio Jiménez Rico ou Gustavo Pérez Puig.

Con 18 anos ingresou na Resad para continuar formándose aínda que a esa idade xa traballara con grandes actores e directores do momento. Por aquela época era un dos protagonistas de Médico de Familia e as súas aparicións en TV eran constantes.

En Resad tivo a fortuna de coincidir con profesores que á súa vez eran grandes profesionais: Ernesto Caballero, Vicente Fuentes, Concha Doñaque, Ignacio Amestoy... que deron clara conta do potencial que este actor posuía non só enrriba dun escenario senón tamén como director.

Con só 24 anos creou o primeiro centro de orientación profesional para actores de España. Alí colaborou directamente con directores de cinema como Vicente Aranda, Imanol Uribe ou Juanma Bajo Ulloa; directores de cásting como Tonucha Vidal, Carlos Manzanares ou Carmen Utrilla e directores de teatro como Tamzin Townsend.

En 2011 crea FORMATEA TV xunto con Álvaro Muñoz. Empresa de creación e produción de formatos para TV. Nestes momentos un dos seus formatos verá a luz no próximo outono. Programa que será dirixido polo propio César Lucendo.

En 2012 crea Formatea espectáculos cuxa primeira obra é "El Amor de Eloy'.

O elenco está composto por David V. Muro, Javier Martín, Raúl Gómez e Patricia Pérez.

Compartir: