CULTURA

O Auditorio de Galicia acolle o ciclo de Novas Orquestras

20/05/2013 A Orquestra Sinfónica Conservatorio Superior Coruña presenta un concerto xunto aos dous alumnos gañadores do último concurso para solistas do centro e ofrecerán un programa con obras de Alexander Borodin, Camille Saint-Saëns, Carl Reinecke e Hector Berlioz.O prezo das entradas é de 3 euros (de balde para abonados do Auditorio), billeteira do Teatro Principal aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h, e billeteira do Auditorio de Galicia, aberta só os días de espectáculo a partir das 18.00h; entradas.novagaliciabanco.es; e 902 434 443.

O programa xira en torno a dúas tradicións do Romanticismo musical, a rusa e a francesa, caracterizadas por prestar unha especial atención ás posibilidades tímbricas da orquestra. Non obstante, o conxunto de evocacións sonoras será xeográficamente todavía máis variado. Coma Chaikovski, Borodin presenta unha melodía eslava como elemento temático principal da obra, pero combínaa cun segundo canto de características orientais, representando así a rusos e asiáticos na imaxe sonora desa caravana que percorre os territorios esteparios do Imperio. Pola súa parte Saint-Saëns toma diversos ritmos españois para unha peza, adicada a Sarasate, que exemplifica a fascinación por España que atravesaba toda Europa nesa época. Como remate, o gran pai da orquestración colorista, Berlioz, levaranos ata Italia, onde disfrutaremos da súa famosa luz, seremos testigos dun encontro de namorados e asistiremos a una festa ao ritmo dun saltarello. Curiosamente, atopamos a un compositor xermano como Reinecke achegándose a esa tendencia, alomenos nesta obra tardía que, en atención á idiosincracia da frauta solista, presenta unha delicadeza textural e unha abundancia de arabescos melódicos bastante próximas ao gusto francés.
Sergio Añón Lijó nace na Coruña en 1977. Obtén o Título Superior de violín non Conservatorio da súa cidade natal ao tempo que realiza estudos de Física na UNED. Completa os seus estudos instrumentais con Alexei Mijlin en Oviedo. Como violinista desenvolve a súa faceta interpretativa en diferentes grupos de cámara e orquestras, como a Orquestra Sinfònica S. XXI ou a Orquestra de Cámara Galega. En 1999 tras superar o proceso de oposición comeza a impartir clases de violín no Conservatorio Profesional de Ferrol. Igualmente colabora con diferentes coros, sendo actualmente membro do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Recibiu clases de canto de profesores como Manuela Soto, Pablo Carballido e Yolanda Montoussé. É ademais Licenciado en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de La Rioja. En 2003 obtén, tamén por oposición, a especialidade de Historia da Música. Actualmente é profesor do Departamento de Musicoloxía no Conservatorio Superior da Coruña. É Licentiate of The Royal Schools of Music in Music Direction. Estuda ademais no Liceu de Barcelona cos mestres Antoni Ros Marbá e Manel Valdivieso, recibindo tamén clases de mestres como Ernest Martínez Izquierdo. Realizou cursos de especialización en dirección de orquestra na Universidade de Alcalá, con mestres como Jesús López Cobos ou Arturo Tamayo, participando igualmente nas Sesións de Dirección de Orquestra do mestre Jordi Mora, afondando no estudo da fenomenoloxía da música. Completa os seus estudos na Escola de Dirección do mestre Francisco Navarro Lara, ademais de participar en diversos cursos como o Curso Internacional de Dirección de Orquestra de Igualada. Durante a súa formación a dirixido orquestras como a Orquestra Sinfónica do Vallés, a Orquestra Nova da Orquestra Sinfónica de Madrid ou a Orquestra Filharmónica de Medellín (Colombia). Foi director da Orquestra e Coro do Conservatorio Profesional de Ferrol e da Orquestra de Cámara do Conservatorio Superior da Coruña. Actualmente é director da Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior, dirixindo tamén proxectos co Coro do Conservatorio Superior e o Coro Novo da OSG.

Compartir: