FESTAS

As atraccións da Alameda custarán a metade o sábado 18 e o domingo 19

15/05/2013 As Festas da Ascensión concluíron o seu programa, pero as atraccións instaladas na Alameda con motivo desta celebración seguirán aínda ata o vindeiro domingo, 19 de maio.

Ademais, e con motivo da festividade do neno, o sábado 18 e o domingo 19, as atraccións custarán a metade. Grandes e pequenos teñen aínda unha cita durante estes días coa noria, os coches de choque o saltamontes e demais atraccións instaladas na Alameda.

Compartir: