XUVENTUDE

Entregados os premios aos gañadores e finalistas do certame MúsicaXove'12

14/05/2013 Os concelleiros Rebeca Domínguez, Adrián Varela e María Castelao entregaron os premios aos gañadores e finalistas do certame MúsicaXove’12, organizado pola Concellería de Xuventude, e clausuraron a exposición de fotografías do concerto final.

Recibiron o seu premio Ocean’s Garden (Lugo), gañadores do primeiro premio na categoría de metal, e para eles foron os 1.000 euros. Segundo, con 300 euros, quedou o grupo Anterga (A Coruña). Na modalidade de pop-rock, os triunfadores foron Los Septiembre (Vigo), mentres que o segundo premio recaeu en Álex Casanova (Vilagarcía). Finalmente, na categoría doutras músicas, gañou Caxade (Ames), con Tuti Fresh (Santiago) en segundo lugar. Estes últimos obtiveron tamén o premio do público, valorado en 250 euros.

Os finalistas saíran de entre as 45 propostas iniciais de toda Galicia presentadas ao certame: 27 bandas de pop-rock, 8 de metal e 10 doutras músicas.

Todos eles tocaron nun concerto final tras o cal o xurado elixiu os gañaodres. Desta actuación saíu unha exposición composta por 32 fotografías, realizadas polo fotógrafo Andrés Fraga. A mostra permaneceu durante varias semanas no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Compartir: