SEGURIDADE CIDADÁ

Bombeiros, Policía Local, Protección Civil e Policía Nacional desaloxaron con éxito o CEIP Pío XII nun simulacro de incendio

14/05/2013 Bombeiros, Policía Local, Protección Civil e Policía Nacional realizaron un simulacro de incendio no CEIP Pío XII. O operativo, coordinado polo xefe de Bombeiros, José Ramón Sánchez, resultou un éxito.

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, seguiu de preto o simulacro, que conseguiu desaloxar con éxito a 620 nenos do colexio. Pequenos e non tan pequenos seguiron as instrucións dos corpos de seguridade para abandonar con orde as instalacións ante unha situación de intensa fumareda.

Compartir: