ALCALDÍA

O alcalde recibiu a frei José Rodríguez días antes da súa ordenación como arcebispo

13/05/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu a frei José Rodríguez Carballo, quen recentemente foi nomeado polo Papa Francisco como novo arcebispo de Belcastro e secretario da Congregación de Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica.

Rodríguez Carballo, quen ata hai pouco era ministro xeral dos Freires Menores ou Franciscanos, será ordenado arcebispo o 18 de maio na Catedral de Santiago, nunha cerimonia presidida polo cardeal Tarcisio Bertone. O alcalde desexoulle sorte nas súas novas funcións vaticanas.

Compartir: