ALCALDÍA

Un grupo de mozos e mozas almerienses adquire valores solidarios e comunitarios a través do Camiño de Santiago

11/05/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, recibiron en Raxoi un grupo de 15 mozos e mozas, acompañados por seis monitores da ONG Meridianos, procedentes de Almería, que chegaron á cidade tras realizar unha parte do Camiño de Santiago Sanabrés.

Estes mozos forman parte dun proxecto solidario organizando dende a ONG Meridianos en Almería. A filosofía de traballo da entidade consiste en educar aos mozos nos valores da solidariedade, o voluntariado, o altruísmo, a responsabilidade colectiva e o compromiso coa vida comunitaria. Son mozos con distintas problemática sociais, algúns deles procedentes de centros de menores.

Ao longo das distintas etapas do Camiño realizaron actividades de carácter social, xa fora con entidades de carácter social ou con concellos. En Santiago, compartiron actividades con Cruz Vermella e Don Bosco.

Compartir: