EDUCACIÓN

Sesións de contos para bebés "Do berce á lúa" na Galería Sargadelos

10/05/2013 A Campaña de Animación á Lectura, que se vén desenvolvendo neste mes de maio, inclúe tamén unhas sesións de contos para bebés, baixo o título Do berce á lúa. As sesións celebraranse este sábado 11, ás 11:30 e 12:30 horas, na Galería Sargadelos (rúa Nova, 16).

O obxectivo destas sesións de contos é achegar os nenos de 0 a 3 anos e as súas familias á literatura a través de cantos, rimas, ditos e contos.

Compartir: