XUVENTUDE

Concello, Don Bosco e Igaxes3 traballan nun programa de voluntariado destinado a mozos en risco de exclusión social

10/05/2013 A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, mantivo unha reunión en Raxoi con Francisco Rodríguez Míguez, de Don Bosco, e con Manuel Noya e Cristina Rozas, de Igaxes3.

Segundo explicou a concelleira, o Concello está a traballar con estas entidades na posta en marcha dun programa destinado a "fomentar o voluntariado entre o tecido asociativo compostelán e, en especial, en mozos en risco de exclusión social". Nestes momentos estase a perfilar o ámbito específico de actuación, coa intención de centrar este programa de voluntariado nunha actuación medioambiental. Tamén se manterán reunións con outras entidades.

Compartir: