TURISMO

Santiago promociónase en Alemaña co Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade

08/05/2013 O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España presentou no East Hotel de Hamburgo a súa oferta patrimonial e turística a xornalistas e a preto de 80 axentes de viaxes e turoperadores alemáns especializados no segmento de turismo cultural, idiomático e de reunións.

Esta actividade forma parte dun intenso plan de promoción en Alemaña, que no marco do Plan Anual de Actuación conxunta con Turespaña se dirixe a este mercado, a través da asistencia a feiras turísticas, presentacións de produto, campañas de público, viaxes de familiarización para axentes e xornalistas e diferentes accións de mercadotecnia on e offline dirixidas ao consumidor final e aos intermediarios. Alemaña posiciónase como o primeiro en número de pernoctacións para as Cidades Patrimonio da Humanidade..

As Cidades Patrimonio da Humanidade de España, iconas culturais e turísticas do noso país, continúan traballando para consolidarse no mercado internacional como destinos onde a xestión sostible do turismo e a posta en valor do patrimonio cultural aparecen como oportunidades diferenciais con respecto a outros territorios turísticos.

Compartir: