ALCALDÍA
As outras dúas partes da elección foron a votación popular daqueles que depositaron a súa papeleta no Casino de Santiago ou no Centro Comercial Compostela entre o 20 e o 30 de abril, e a votación dos socios do Casino. Tocoulles elixir entre as cinco novelas finalistas desta edición: De vidas ajenas, de Emmanuel Carrère; Con el agua al cuello, de Petros Márkaris; La acabadora, de Michela Murgia; Los enamoramientos, de Javier Marías, e Laura no deserto, de Antón Riveiro.
O escritor francés Emmanuel Carrère gaña o Premio Novela Europea Casino de Santiago
02/05/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou no xurado encargado de elixir o gañador da X edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago. Finalmente, fíxose co galardón o escritor francés Emmanuel Carrère, pola súa novela De vidas ajenas.
Este xurado C estaba integrado, ademais de polo alcalde, por: José Manuel Blanco, de Ámbito Cultural El Corte Inglés; Xurxo Fernández, xornalista; Milvia Varela, profesora; Noelia López, investigadora; Rosa da Silvia, empresaria; Fina Mourelle e Maribel Martín, profesoras, e Ubaldo Rueda, vicepresidente do Casino.As outras dúas partes da elección foron a votación popular daqueles que depositaron a súa papeleta no Casino de Santiago ou no Centro Comercial Compostela entre o 20 e o 30 de abril, e a votación dos socios do Casino. Tocoulles elixir entre as cinco novelas finalistas desta edición: De vidas ajenas, de Emmanuel Carrère; Con el agua al cuello, de Petros Márkaris; La acabadora, de Michela Murgia; Los enamoramientos, de Javier Marías, e Laura no deserto, de Antón Riveiro.