ALCALDÍA

Un ciclo de conferencias aborda no CERSIA os principais retos do municipalismo

26/04/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á inauguración do ciclo de conferencias 25 anos de municipalismo: presente, pasado e futuro da administración local, organizado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e que se celebra os días 26 e 27 de abril no edificio CERSIA, en San Lázaro. No acto tamén participaron o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; o presidente da FEMP, Íñigo de la Serna; e o presidente da FEGAMP, José Manuel Rey.

Nestas dúas xornadas abordaranse algúns dos temas que máis preocupan aos alcaldes e alcaldesas de toda Galicia. O programa contará con dúas conferencias e catro mesas redondas nos que se debaterán asuntos como a reforma da Lei de Bases, as deputacións, as smart-cities ou os modelos municipais doutros países europeos.

Direccións relacionadas



Compartir: