XUVENTUDE

Inaugurado o Curso de Formación en Coaching Laboral organizado por Xuventude

16/04/2013 A Casa das Asociacións de Cornes acolle os días 16, 18 e 23 un Curso de Formación en Coaching Laboral, organizado pola Concellería de Xuventude. A súa titular, Rebeca Domínguez, inaugurou as sesións.

Neste curso, cunha duración de 12 horas, participan de balde mozos e mozas a partir de 18 anos. Esta actividade complementarse coas I Xornadas de Emprendemento e Promoción do Emprego "Os xoves emprende", organizadas polo Concello e Junior Empresa de Santiago (Jemsa). Celebraranse os xoves 25 de abril, 16 e 23 de maio e 13 e 20 de xuño, de 17:00 a 20:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Compartir: