EDUCACIÓN

Os gañadores do programa didáctico "Coñecer as Cidades Patrimonio" viaxan a San Cristóbal de La Laguna

06/06/2006 O grupo gañador da quinta edición do programa didáctico "Coñecer as cidades Patrimonio" , pertencente ao IES Rosalía de Castro, viaxa o mércores 7 á localidade canaria de San Cristóbal de La Laguna. Os alumnos e alumnas participarán nun programa cultural xunto co resto dos grupos gañadores do resto das cidades patrimonio da humanidade de España.

A delegación compostelá terá a ocasión de presentar o seu traballo nun acto no que se lle entregarán os diplomas aos centros participantes. A visita tamén inclúe algún percorrido guiado e a participación en obradoiros sobre patrimonio.

O Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela xunto coas cidades de Ávila, Ibiza, Segovia, San Cristóbal de La Laguna, Alcalá de Henares, Toledo, Cáceres, Córdoba, Salamanca, Cuenca, convocou durante este curso escolar a 5ª edición do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio", un programa dirixido a grupos de escolares de 1º e 2º ciclo da ESO e aos seus profesores/as que pretende dar a oportunidade de coñecer e valorar as cidades patrimonio como espazos nos que fomentar unha actitude de cidadanía activa, crítica e solidaria.

Compartir: