PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ruta didáctica polas parroquias de Villestro, Figueiras e A Peregrina

13/04/2013 Celebrouse unha nova ruta didáctica do programa Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Un microbús con 20 participantes partiu da Casa das Asociacións de Cornes para realizar a ruta denominada "Parroquias II, Villestro, Figueiras e A Peregrina". O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, sumouse a esta visita guiada.

Foi un percorrido por estas tres parroquias que permitiu aos participantes obter unha visión panorámica do seu patrimonio, paisaxe cultural, entorno e poboamento. Esta ruta tivo unha duración de dúas horas e media.

Cómpre lembrar que todas as rutas do programa están completas dende hai tempo, confirmando a resposta positiva que os diversos itinerarios tivo entre os veciños e veciñas de Compostela. Moitas destas rutas xa levan días con listas de agarda.

Máis información e inscrición nos centros socioculturais:

CSC de Conxo 981 528 740
CSC do Ensanche 981 543 001
CSC das Fontiñas 981 528 750
CSC do Castiñeiriño 981 542 459
CSC de Vite 981 542 490
CSC de Santa Marta 981 543 017

Compartir: