EDUCACIÓN E XUVENTUDE

As concelleiras de Educación e de Xuventude recibiron un grupo de escolares alemáns

11/04/2013 As concelleiras de Educación, María Castelao, e de Xuventude, Rebeca Domínguez, recibiron un grupo de 28 alumnos do instituto Peutinger, de Ausburgo (Alemaña).

Os escolares, que están a participar nun intercambio co IES Xelmírez I, puideron coñecer as dependencias municipais. Este é o terceiro grupo de estudantes de institutos europeos que pasa por Raxoi nesta semana.

Compartir: