CONSORCIO

Unha nova publicación do Consorcio examina a traxectoria da Cámara Agrícola e Pecuaria no reinado de Alfonso XIII

10/04/2013 O alcalde compostelán e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presentou o libro A cámara agrícola e pecuaria de Santiago (1903-1929), de Antonio Míguez e Miguel Cabo, coeditado polo Consorcio e Sotelo Blanco Edicións. O acto celebrouse na sede da Real Sociedade Económica de Amigos do País.

Gañadora do II Premio de Ensaio Hostórico "Domingo Fontán", da Real Sociedad Económica de Amigos do País de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela, esta obra examina a traxectoria da Cámara Agrícola e Pecuaria de Santiago, integrándoa no seu contexto histórico e espacial, o reinado de Alfonso XIII e a Compostela do solpor da era monterista.

Compartir: