ECONOMÍA

O Cersia acolle o xoves a conferencia "Non é unha crise, é un cambio estrutural"

08/04/2013 O edificio municipal Cersia acollerá o vindeiro xoves horas a conferencia Non é unha crise, é un cambio estrutural, que se enmarca no programa da Área de Economía do Concello Santiago Investors Support. As temáticas concretas que se analizarán son: chaves para entender os cambios que vivimos e aproveitalo ao noso favor; como pode sobrevivir unha Peme á situación actual; e cales son os segredos para triunfar no século XXI.

A conferencia será impartida por Fernando Sánchez Salinero, consultor especializado no deseño e desenvolvemento de proxectos así na súa comunicación e na súa mellora comercial. Toda a súa vida profesional desenvolveuse no mundo da empresa. Formou e dirixiu numerosos equipos comerciais, destinando os últimos anos de carreira á formación e desenvolvemento de directivos, empresarios e equipos de vendas.

É autor dos libros La casa al revés e ¿Por qué fracasan las empresas?, onde podemos atopar un manual que permite converter pequenos negocios e de ideas modestas, grandes e apaixonantes proxectos, de xeito ameno e sinxelo. Non é unha crise, é un cambio estrutural analiza a situación actual e chega á conclusión de que, lonxe de ser so unha crise, estamos ante un cambio na forma de organizar a economía, os negocios e a propia sociedade, dando pistas para que ese novo entorno poida resultar aos lectores o máis favorable posible.

A conferencia, que se celebrará ás 12:00 horas, será aberta, aínda que se dirixe especialmente a Pemes e a persoas emprendedoras que estean pensando en desenvolver un proxecto empresarial.

Compartir: