CULTURA

Compostela Rock presenta o TriCiclo3: Guerrera, Toundra e Pony Bravo

08/04/2013 A promotora santiaguesa Work on Sunday ofrecerá a terceira entrega do seu exitoso TriCiclo na Sala Capitol, o venres 3 de maio, ás 20:30 horas. O seu cartel estará integrado polos galegos Guerrera, os madrileños Toundra e os sevillanos Pony Bravo, e celebrarase o venres 3 de maio. As entradas están á venda 12 euros anticipada e 15 euros na billeteira.

Para o terceiro capítulo de TriCiclo, os invitados son algunhas das máis sobresaintes propostas do panorama independente galego e nacional. Veñen visitarnos, dende Madrid, Toundra, banda que está a armar o maior balbordo na escena independente dos últimos anos. O seu cóctel postrockero pode presumir, ademais, daquilo do que adoecían moitas formacións nun pasado non tan afastado: un directo irresistible, que emociona e multiplica seguidores, arrasando alá por onde pasa.

Acompañaranlles, neste caso, os sevillanos Pony Bravo. Despois de chamar a atención con Si bajo de espaldas no me da miedo e facela medrar con Un gramo de fé, están a piques de publicar o seu terceiro álbum, o LP De palmas y cacería.

Guerrera, coa seu recentemente publicado e autoeditado LP de debut debaixo do brazo, representan a gran esperanza psicodélica galega. Con ilustres membros provenientes dalgunhas das formacións máis celebradas do underground español (Holywater, Ictus, Desert Icons...) e unha forte influencia blues, os seus concertos non fan máis que obrigar a crecer unha proposta que non podiamos deixar escapar.

Work On Sunday dá así continuidade ao seu pequeno gran proxecto que, por un cambio de data sobre o plan de xira de Endless Boogie, previstos inicialmente, obrigou á produtora a cambiar programa, día e localización desta terceira entrega de TriCiclo (previsto inicialmente para o 13 de abril na Zona C). Os compradores do abono de TriCiclo quedan convidados ao novo evento e a outros da promotora.

Puntos de venda de entradas: Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18:00 a 21:00 horas. Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20:00 horas e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono da billeteira: 981 542 349. Tamén á venda en workonsunday.ticketea.com, salacapitol.com e A Reixa Tenda.

Compartir: