CENTROS SOCIOCULTURAIS

Uns 300 usuarios dos centros socioculturais compartiron unha tarde lúdica e festiva

08/04/2013 A Concellería de Centros Socioculturais organizou unha xornada festiva no Centro Xuvenil Don Bosco para todos os usuarios que participaron nas campañas de Nadal e Entroido. O concelleiro Francisco Noya sumouse a esta xornada lúdica.

Un nutrido grupo de usuarios e usuarias dos centros socioculturais, tanto nenos como adultos, obtiveron recentemente diversos premios. É o caso dos que participaron nas festas de Nadal co Belén Colectivo ou dos integrantes das comparsas Os Superheroes e Seres Mitolóxicos, que concursaron no desfile do martes de Antroido.

Coa finalidade de celebrar e compartir cunha tarde festiva estes logros comunitarios, a Concellaría de Centros Socioculturais organizou nas instalacións do Centro Xuvenil Don Bosco unha tarde con xogos e actividades deportivas á que estaban convidados todos os participantes, acompañados polos monitores responsables dos centros.

Uns 300 participantes puideron gozar de variadas actividades lúdicas: xogos populares, rocódromo, cucaña, tiro con arco (para nenos e para adultos), ping pong, ludotecas... O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, tamén pasou polo Don Bosco para compartir esta xornada cos participantes, a maioría nenos.

Compartir: