BENESTAR SOCIAL

Asinados varios convenios con entidades sociais para o desenvolvemento das súas actividades

05/06/2006 A Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual (ASPAS), a Asociación galega para axuda dos enfermos con demencia tipo Alzheimer (AGADEA), a Asociación "Voluntarias de la Caridad" de San Vicente de Paul e a Asociación Chavos) recibirán do Concello de Santiago unha cantidade de 3.000 euros cada unha, para o desenvolvemento dos seus fins sociais. Istó será posible en virtude do convenio dos respectivos convenios de colaboración asinados polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, cos respresentantes destas organizacións non gobernamentais (ONG).

No caso de ASPAS, a convenio establece a colaboración para o desenvolvemento do programas destinados ás familias, do servizo de ocio e deporte, de formación do persoal, e das campañas de medicina preventiva e saúde, así como das actividades que se realizan na Unidade de atención personalizada ou no centro residencial Juan Vidán Torres". ASPAS é unha ONG que desenvolve diversas actividade de promoción social e desenvolvemento comunitario, encamiñadas a responder ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual.

A colaboración con AGADEA afectará a varios programas de acollida, axuda no fogar, voluntariado, formación, estimulación cognitiva ou enfermería, ademais da prestación do apoio legal necesario. Esta organización leva a cabo actividades destinadas a dar a coñecer a enfermidade do Alzheimer e a apoiar psicoloxicamente ás familias. Tamén forman aos coidadores e asesoran en cuestión legais.

O Concello apoiará tamén economicamente as actividades da Asociación "Voluntarias de la Caridad", en particular aquelas centradas na atención ás persoas en situación de necesidade económica e social, no reparto gratuíto de alimentos e no roupeiro. Esta entidade ten como fin fundamental promover a cooperación voluntaria cara a atención de persoas en situación de necesidade.

Finalmente, o convenio coa Asociación Chavos afecta fundamentalmente ás actividades encadradas no "Proxecto de intervención en casos de absentismo escolar e desescolarización" nas súas diversas fases. Chavos realiza o seu labor no ámbito da promoción e do desenvolvemento da poboación xitana, promovendo a integración social e laboral da muller xitana.

Compartir: