PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Viaxe a Baiona e A Guarda dentro do programa "Imos de excursión"

04/04/2013 A Concellería de Centros Socioculturais abre o prazo de inscrición para participar na próxima viaxe organizada no marco do programa Imos de excursión 2013. Será a denominada "Galicia Celta", que se desenvolverá o domingo 21 de abril.

Os participantes neta excursión terán a oportunidade de visitar o castro do Monte de Santa Tegra, o Parador e o Casco Histórico de Baiona e a Virxe da Rocha. O custo desta viaxe é de 29 euros, nos que se inclúe o transporte, o guía, o seguro, o xantar e as entradas.

Información e inscrición nos centros socioculturais.

Documentos relacionados



Compartir: