CULTURA

A actriz María Luisa Merlo e a soprano Emilia Onrubia representan "Villa Puccini"

04/04/2013 A actriz María Luísa Merlo e a soprano Emilia Onrrubia poñen en escena, sábado 4 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, a obra Villa Puccini. As entradas, a 18 e 15 euros, están xa á venda na billeteira do Teatro Principal e en entradas.novagaliciabanco.es.

Villa Puccini é un relato nun acto para actriz e soprano , unha aposta arriscada que fai honra ao teatro e á música clásica. Sobre un escenario, entre focos e bambalinas en Torre del Lago (Italia), a cantante de ópera deambula entre o seu pasado, o seu presente e o seu futuro inmediato. María Luisa Merlo encarna a esta gran diva na véspera do seu último concerto. Na soidade do escenario, rememora os momentos artísticos e vitais da súa carreira. Os seus rivais, o seu marido, o seu fillo, a súa outra metade– o seu representante -, e tamén, o mesmísimo Puccini, a quen renderá homenaxe, serán os que definan a traxectoria da diva.

A gloriosa música do mestre está interpretada pola nova cantante Emilia Onrubia, que dá vida musical ás épocas máis emocionantes do noso personaxe. Tosca, Musetta, Mimí, Turandot ou Madame Butterfly cobran vida pola súa voz.

Esta apaixonada obra está escrita por Miguel Anxo Orts e Alexander Herold e conta cunha singular posta en escena deste último. Todo isto, e sen mencionar un feito extraordinario que vén a través dunhas cartas de Puccini poxadas en Sotheby’s de Londres… A transcendencia da arte fai que se unan nunha única alma, compositor e intérprete. Dedicando un adeus e un ata sempre...

Compartir: