FEIRA

Libros de ocasión na Alameda

03/06/2006 O Paseo Central da Alameda compostelá acolle unha nova edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión. O evento foi inaugurado polo alcalde de Santiago, Xosé A.Sánchez Bugallo, que aproveitou para percorrer as distintas casetas.

Dez librarías participan nesta Feira e ofrecen ao visitante unha colección de máis de 50.000 libros antigos e de ocasión, xunto a comics, revistas ou carteis. As casetas estarán abertas ata o 18 de xuño.

Compartir: