ECONOMÍA

Nace CCamina, proxecto empresarial de coaching no Camiño de Santiago

04/04/2013 A concelleira de Economía, Reyes Leis, e a emprendedora Mariela Villar, presentaron no Pazo de Raxoi o novo proxecto empresarial CCamina, que ten por obxecto desenvolver proxectos de coaching no marco do Camiño de Santiago. CCamina contou na definición do seu proxecto empresarial coa colaboración tanto do Departamento de Economía do Concello como de Turismo de Santiago. A empresa ten a súa sede na Cidade da Cultura, no Centro de Emprendemento Creativo de Galicia de Agadic.

CCamina é unha iniciativa empresarial da emprendedora Mariela Villar, coach profesional certificada de directivos, profesionais, particulares e equipos. CCamna xira sobre dous eixos. Por unha banda, o desenvolvemento de persoas mediante o coaching profesional e a formación en actitudes de éxito; por outra banda, o Camiño de Santiago concibido como unha viaxe de desenvolvemento persoal.

CCamina nace con dúas propostas diferenciadas: Mi CCamino e CCaminata. O primeiro é unha travesía individual e vital na que o Camiño de Santiago é o marco no que se desenvolven leccións personalizadas de coaching, que permiten descubrirse a un mesmo e a riqueza da vida. O segundo é a versión adaptada a grupos ou equipos, que se deseñará á medida das súas características. Este formato adáptase especialmente ben ás empresas que queiran facer xornadas de desenvolvemento de equipos ou viaxes de incentivos para os seus empregados. No mundo empresarial, as empresas que máis inciden no desenvolvemento dos seus empregados teñen unha gran vantaxe competitiva sobre as demais.

As persoas que fagan calquera dos dúas modalidades mellorarán o coñecemento de si mesmos para identificar e potenciar os seus puntos fortes e as áreas a mellorar. Tamén coñecerán técnicas de desenvolvemento do talento, intelixencia emocional, incremento do rendemento, mellorar a relación con un mesmo y cos demais. En definitiva, adestramento mental e emocional para que a persoa alcance os seus obxectivos, xa sexan vitais ou profesionais.

Para máis información:
Mariela Villar Romarís www.ccamina.com / mariela.villar@ccamina.com / 606 82 26 25

Direccións relacionadas



Compartir: