BENESTAR SOCIAL

Visita de estudantes da USC para coñecer os servizos sociais municipais

04/04/2013 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, recibiu un grupo de 72 alumnos de 2º de Educación Social da USC, que visitaron a Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños, para coñecer o funcionamento dos servizos sociais do Concello.

Os estudantes coñeceron o funcionamento da Unidade de Traballo Social, o labor das educadoras sociais e as iniciativas do Programa Urbana Santiago Norte, así coma o traballo de prevención, asesoramento e inserción laboral dos axentes de desenvolvemento local. Finalmente, recibiron información sobre as actividades da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela e doutras entidades sociosanitarias con sede no CABES.

Compartir: