ALCALDÍA
A comisaria europea de Política Rexional, Danuta Hübner, visitou o Concello
03/06/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na Casa do Concello á comisaria europea de Política Rexional, Danuta Hübmer, que se atopa de visita institucional en Galicia.
Na súa segunda xornada en terras galegas, a eurocomisaria participou nunha xuntanza con representantes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, á que asistiron tamén, entre outros, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o propio Sánchez Bugallo, como presidente do Eixo Atlántico.