FACENDA

O pago fraccionado dos recibos do IBI beneficiará a 1.259 persoas

03/04/2013 Un total de 1.259 persoas acolleuse á posibilidade do pago fraccionado do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), segundo os datos ofrecidos pola Área de Facenda e Administración Pública. Este sistema fora creado a comezos de ano polo Goberno municipal para que os cidadáns que o solicitaran puideran pedir o fraccionamento do IBI 2013.

Este procedemento permite fraccionar o pago dos recibos en tres prazos (maio, agosto e novembro), co que se evita que este imposto sexa unha carga sobre a economía das familias nun mes concreto. A solicitude de fraccionamento é moi sinxela e pode realizarse na oficina de Recadación e Atención ao Contribuínte do Concello, situada na Rúa Presidente Salvador Allende (Galeras). Para este IBI 2013, o prazo de solicitude deste fraccionamento estivo aberto ata o 28 de febreiro.

Respecto aos requisitos para este fraccionamento, o máis destacado é o de non ter débedas co Concello en vía executiva. Ademais, si se pide o fraccionamento este farase para todos os recibos de IBI ao nome da mesma persoa. Despois desta primeira experiencia, dende o Concello quérese potenciar esta campaña para o ano 2014, co fin de que se beneficien máis cidadáns desta modalidade de pago do IBI.

Compartir: