ALCALDÍA

Ángel Currás escoitou as principais demandas do CEIP López Ferreiro

02/04/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi con director do CEIP López Ferreiro, Lois Trigo. No encontro tamén participou a concelleira de Educación, María Castelao.

Lois Trigo formuloulle a Ángel Currás as principais necesidades do centro, o segundo de Santiago en número de matriculados. Neste intre, consideran como prioridade a contratación, a tempo completo ou parcial, dun auxiliar administrativo. Ademais, déronlle conta dalgunha reparación necesaria.

O alcalde, que agradeceu o labor da comunidade educativa do CEIP López Ferreiro, ofreceulle ao seu director a máxima colaboración municipal dentro das posibilidades orzamentarias.

Compartir: