NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Inicio do curso de lingua galega CELGA 3

31/03/2013 O curso de lingua galega CELGA 3 que organiza a Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística comeza este luns 1 de abril, ás 18:00 horas, no Edificio Administrativo de San Lázaro (CERSIA).

Estes cursos réxense pola Resolución do 27 de decembro de 2012 da Secretaría Xeral de Política Lingüística (DOG do 7 de xaneiro de 2013) e están sometidos á aprobación por parte deste organismo. Os cursos CELGA 1, CELGA 2 e CELGA 4 para os que se abrira unha preinscrición non alcanzaron o número mínimo de 20 solicitantes e, polo tanto, non se van realizar. Ás persoas que solicitaron CELGA 1 e CELGA 2 ofrecéuselles a posibilidade de acudir a algún dos cursos que convocou directamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística en horario de mañá.

CELGA é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Configurado mediante distintos niveis de lingua, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos:

- Lingua e comunicación: funcións comunicativas,

- Lingua e sistema: coñecemento do código e Lingua, cultura e sociedade: contidos socioculturais.

Este sistema serve para certificar un coñecemento de galego a efectos de requisitos ou méritos laborais e académicos.

Compartir: