CULTURA

Venda e renovación de abonos para o último trimestre da programación de temporada da Real Filharmonía de Galicia

26/03/2013 A venda e renovación de abonos para o último trimestre da programación da Real Filarmonía de Galicia realizarase o 1 e 2 de abril de 12:00 a 14:00 horas. A partir do 4 de abril xa se poderán comprar as entradas soltas para todos os concertos do trimestre polas canles habituais. Para a renovación de abonos abonda con chamar aos teléfonos 981 571 026 ou 981 573 979.

O prezo do abono individual para os concertos de abril a xuño é de 104,55 euros (contén un desconto do 15%). Está disponible tamén un abono especial para estudantes e xubilados, que supón un aforro do 50% e cuxo prezo é de 61,50 euros.

O último trimestre conta coa presenza de destacados interpretes, cun programa que acolle a Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, en horario de 21:00 horas, nas seguintes datas:

Venres 5 de abril, Christoph König dirixe a Real Filharmonía de Galicia co pianista Nicolai Lugansky.
Xoves 18 abril, a Real Filharmonía de Galicia co tenor Agustín Prunell-Friend e dirixidos por Paul Daniel.
Mércores 24 abril, Benjamin Grosvenor dentro do V Ciclo de Piano Ángel Brage.
Xoves 2 maio, a Real Filharmonía de Galicia con Pekka Kuusisto, violín.
Mércores 8 maio, a Real Filharmonía de Galicia con Nicolas Altstaedt, violoncello.
Mércores 15 maio, Andrea Lucchesini pecha o V Ciclo de Piano Ángel Brage.
Xoves 23 maio, Kirill Gerstein e a Real Filharmonía de Galicia dirixidos por Jean-Jacques Kantorow.
Xoves 30 maio, a Real Filharmonía de Galicia dirixida por Ivor Bolton.
Venres 7 xuño, Antoni Ros Marbá dirixe o último concerto de abono da temporada Real Filharmonía de Galicia co coro Gulbenkian.

Poderán seguir mercándose entradas soltas para este trimestre a través de diversas canles:

- Na billeteira do Teatro Principal, de 18:00 a 21:00 horas, de martes a sábado.
- Na billeteira do Auditorio de Galicia, os días de concerto, de 18:00 a 21:00 horas, ou por teléfono, baixo a forma de pago por tarxeta. Neste caso poderán ser retiradas ata media hora antes de comezar o concerto.
- En entradas.novagaliciabanco.es as 24 horas do día.
- No 902 434 443 ata 24 horas antes de cada concerto en horario de 8:00 a 22:00 horas de luns a venres; sábados de 9:00 a 14:00 horas; domingos e festivos pechado.

Compartir: