ALCALDÍA

Ofrenda floral a Ricardo Carvalho Calero

25/03/2013 Os alcaldes de Santiago, Ángel Currás, e de Ferrol, José Manuel Rey, realizaron una ofrenda floral na tumba do escritor e pensador Ricardo Carvalho Calero no cemiterio de Boisaca. Este 25 de marzo cúmprense 13 anos do seu falecemento.

Nado en Ferrol en 1910, Ricardo Carvalho Calero trasladouse xa en 1926 a Santiago de Compostela, por cuxa Universidade foi licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras. Membro da Real Academia Galega, tamén ostentou a Cátedra de Lingüística e Literatura Galega na USC. A súa traxectoria política como galeguista e na defensa da República levouno ao cárcere, período tras o que regresou á súa cidade natal. En Ferrol levan o seu nome un instituto de ensino secundario, un centro cultural e un prestixioso certame de narrativa e de investigación lingüística e literaria.

En Compostela, onde finou en 1990, Carvalho Calero da nome a unha rúa. Un monumento lémbrao tamén na avenida de Xoán Carlos I. A estatua, inaugurada en 2010 con motivo do centenario do seu nacemento, está preto da casa na Carreira do Conde onde residiu.

Compartir: