EDUCACIÓN
No programa, que dá continuidade ao realizado o ano anterior tamén en semana Santa, participan nenos e nenas de 3 a 12 anos que cursan estudos en centros de educación infantil e primaria entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria.
O CEIP As Fontiñas está aberto de 7:45 a 15:30 horas. Ofrécese un servizo de madrugadores con e sen almorzo (de 7:45 a 9:00 horas) e o servizo de comedor (de 14:00 a 15:30 horas). O resto do tempo, os rapaces participan en diversas actividades e obradoiros, a maioría vinculados ao medio ambiente e a estas datas de Semana Santa.
Os prezos de participación deste programa van dende os 52 euros da modalidade completa (madrugadores con almorzo, comedor e actividades) ata os 27 da modalidade de só actividades, sen incluír os descontos por familia numerosa ou por asistencia de dous ou máis irmáns.
Corenta escolares participan durante catro días no programa de conciliación da Semana Santa da Concellería de Educación
25/03/2013 A concelleira de Educación, María Castelao, visitou os rapaces e rapazas que están participando no CEIP As Fontiñas programa municipal de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Semana Santa 2013. Uns corenta nenos están inscritos nas actividades.
Graza a este programa municipal de conciliación para esta Semana Santa, as familias compostelás dispoñen dun espazo no CEIP As Fontiñas para conciliar o seu horario laboral co lecer e a educación dos seus fillos. As actividades desenvólvense durante os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril.No programa, que dá continuidade ao realizado o ano anterior tamén en semana Santa, participan nenos e nenas de 3 a 12 anos que cursan estudos en centros de educación infantil e primaria entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria.