EDUCACIÓN

Os nenos tocaron improvisados instrumentos para doar ceas á Cociña Económica

22/03/2013 A concelleira de Educación, María Castelao, participou na praza de Praterías en Percusionatta, unha iniciativa solidaria incluída no programa Paixón Escolar e Social, que promove a Irmandade de Estudantes en colaboración co Concello de Santiago.

Os escolares irromperon na praza cos seus instrumentos improvisados para tocar todos xuntos durante 15 minutos e romper a hora ao estilo aragonés. Por cada neno que participou doarase unha cea á Cociña Económica.

Esta acción compleméntase con outras dentro desta Paixón Escolar e Social, como a denominada Pinta o noso Ecce Homo. Así, por cada rapaz que pintou a súa percepción da Semana Santa, doouse tamén unha cea á Cociña Económica, grazas ao ximnasio Esqulture, que financia esta acción.

Os actos continuarán coa Paixón Solidaria 2013, un evento para todo tipo de público que se desenvolverá o sábado 23, ás 20:00 horas, no Teatro Principal, coa estrea do filme Al otro lado, de Mara Gutiérrez.

Compartir: