TURISMO

Dezaseis restaurantes ofrecerán menús especiais de Semana Santa a 18 euros grazas ao programa "Santiago Paixón"

21/03/2013 A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistíu á presentación da primeira edición do programa gastronómico Santiago Paixón, organizado pola asociación Hostalería Compostela en colaboración con Turismo de Santiago. Dezaseis restaurantes participarán na iniciativa, que permitirá ofrecer menús temáticos durante a Semana Santa.

Santiago Paixón celebrarase do 22 ao 31 de marzo. Neste período, 16 restaurantes ofrecerán un menú especial ao prezo de 18 euros, que incluirá produtos de primeira calidade relacionados coa Semana Santa. Os clientes consumidores destes menús recibirán como agasallo publicacións gastronómicas.

Direccións relacionadas



Compartir: