SOSTIBILIDADE

Santiago de Compostela súmase á Hora do Planeta co apagado do alumeado monumental do Concello e da Catedral

21/03/2013 A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, anunciou que, un ano máis, o Concello de Santiago se unirá á celebración da Hora do Planeta cun acto simbólico. O sábado 23, entre as 20:30 e as 21:30 horas, a iluminación monumental exterior do Concello e da Catedral permanecerá apagada.x

O Concello quere que este acto simbólico sexa unha chamada de atención á cidadanía sobre a necesidade dun maior aforro enerxético. Santiago únese así a esta Hora do Planeta, promovida por WWF.

Dende hai sete anos, centos de millóns de persoas de todo o mundo, empresas, gobernos e centros educativos unen as súas voces contra o cambio climático apoiando a campaña de sensibilización A Hora do Planeta. En 2012, más de 7.000 cidades de 150 países apagaron as luces dos seus principais monumentos e edificios emblemáticos, enviando así unha mensaxe: os xestos simbólicos poden xerar grandes cambios se conseguimos un compromiso global durante todo o año.

Direccións relacionadas



Compartir: