DEPORTES

AGAXEDE organizou unha conferencia sobre responsabilidade dos xestores deportivos no marco da súa Asemblea Xeral

16/03/2013 Ante máis de 50 profesionais da xestión deportiva en Galicia, Alejandro López pronunciou a conferencia "Responsabilidade dos Xestores Deportivos". A devandita disertación serviu de peche os actos vinculados á Asemblea Xeral da Asociación de Xestores Deportivos de Galicia (AGAXEDE), que se celebrou no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

A presentación deste avogado experto en responsabilidade na xestión deportiva correu a cargo do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e do presidente de AGAXEDE, Eduardo Blanco. Este tema, de candente actualidade, suscitou un animado debate entre os asistentes, que incidiron nos distintos aspectos que lles afectan como profesionais na xestión e organización de eventos deportivos.

Previamente, os socios de AGAXEDE participaron na Asemblea Xeral. Entre os principais acordos e anuncios expresados destacan a aceptación da invitación do Concello de Santiago para a celebración o próximo 18 de outubro da IV Gala dos Premios Galicia á Xestión Deportiva, a aprobación do Plan de Actividades e de Formación para 2013, a definitiva consolidación do Servizo de Asistencia aos xestores deportivos galegos (tanto do sector público como privado) ou o aumento dun 14% na masa social de AGAXEDE.

Compartir: