PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Novas rutas didácticas ao Castelo da Rocha e a San Domingos de Bonaval

14/03/2013 Continúan as rutas didácticas do programa educativo Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Participación Cidadá e Centros Socioculturais. Para o sábado 16 está prevista a ruta "O Castelo da Rocha", mentres que o mércores 20 de marzo realizarase a denominada "Os espazos claustrais I".

O sábado 16 de marzo, ás 11:00 horas, sairá da praza de Galicia a ruta "O Castelo da Rocha". Será unha visita explicativa a esta fortaleza, completada con outra visita ao Centro Sociocultural da Rocha, onde se exhibe unha exposición de olería.

A ruta "Os espazos claustrais I: San Domingos de Bonaval" realizarase o mércores 20 de marzo, con saída ás 18:00 horas dende a praza do 8 de marzo (na porta do Camiño, ao comezo da rúa de San Pedro). Os participantes visitarán un dos espazos claustrais extramuros máis importantes de Compostela e coñecerán as súas características arquitectónicas e o seu uso na actualidade.

Información e inscrición nos centros socioculturais:

CSC de Conxo 981 528 740
CSC O Ensanche 981 543 001
CSC das Fontiñas 981 528 750
CSC do Castiñeiriño 981 542 459
CSC de Vite 981 542 490
CSC de Santa Marta 981 543 017

Compartir: