ECONOMÍA

Ábrese o prazo para inscribirse ao curso "Como traballar en equipo e triunfar"

12/03/2013 A Concellería de Economía, dentro do programa Santiago Investors Support para fomentar o tecido empresarial e a cultura emprendedora da cidade, organiza o curso Como traballar en equipo e triunfar, dirixido a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial de Santiago, persoas desempregadas e estudantes.

O obxectivo do curso é amosar a importancia que ten saber traballar en equipo para poder aproveitar ao máximo as capacidades de cada un dos compoñentes, facendo que o todo sexa máis que o resultado da suma das partes.

Estrutúrase en oito apartados: Soar como unha orquestra; Dominar as escenas laborais; Un instrumento do equipo; Cada un no seu posto; Liderar e dirixir equipos; Guións e partituras para equipos; Ensaios para presentacións en equipo; Construíndo un equipo de ensoño.

O curso, gratuíto, desenvolverase o próximo 20 de marzo, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A inscrición pode facerse a través da web www.cersiaempresa.org. Para máis información pode chamarse ao 981 542 493.

Tamén dentro do programa Santiago Investors Support, mañá mércores celebrarase tamén no Cersia a xornada O marco persoal: aprendendo a xestionar a vida con talento, que conta neste momento con 64 persoas inscritas.

O obxectivo do curso é amosar a importancia que ten saber promocionarse un mesmo, poñendo en valor as propias capacidades. Estrutúrase en oito apartados: Coñécete a ti mesmo; Define a túa marca; As relacións correctas; Talento, misión e coraxe; Aprende a ser diferente; Reputación, imaxe e posicionamento; Liderado e poder; Arquitectura e estratexia persoal.

Compartir: