PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Aberto o prazo de inscrición para a viaxe ás termas de Monçao (Portugal), a terceira do programa "Imos de excursión"

12/03/2013 A segunda das viaxes do programa municipal Imos de excursión, da Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, celebrarase o domingo 17 de marzo, con destino á Galicia Histórica. Aínda quedan prazas dispoñibles.

Esta excursión permitirá aos participantes visitar a Catedral de Santa María de Lugo, o Museo Provincial, o Castelo de Pambre e a igrexa Vilar de Donas. O prezo desta excursión é de 28 euros.

Tamén continúa aberta a inscrición para a terceira das viaxes do programa, ás termas de Monçao, prevista para os días 23 e 24 de marzo. Esta excursión a Portugal, que ten un custo de 110 euros, levará os participantes a Vilanova da Cerveira, Monçao e Valença do Minho. Información e inscrición nos centros socioculturais.

Paradas de recollida dos participantes:

08:15 h CSC Vite (diante do centro sociocultural).
08:25 h CSC Fontiñas (diante do centro sociocultural).
08:35 h CSC Conxo (diante do centro sociocultural).
08:45 h CSC O Ensanche (diante do Supermercado Froiz).
09:00 h Santa Marta (na marquesiña do autobús diante da tenda de manualidades Mistura).

Os participantes teñen que levar: gorro, chanclas, bañador e toalla.

Imos ao baile
Por outra parte, continúa a desenvolverse o programa Imos ao baile, tamén da Participación Cidadá e Centros Socioculturais. A próxima cita é no Centro Sociocultural de Vite o sábado 16 de marzo, a partir das 17:30 horas, co grupo Solymar.

Direccións relacionadas



Compartir: