CENTROS SOCIOCULTURAIS
A cidadanía interesada pode acudir a estes centros nos seus horarios habituais para facer uso deste servizo.
Os centros socioculturais colaboran na recollida selectiva do aceite vexetal de fritura
01/03/2013 Dez centros socioculturais están participando actualmente na recollida selectiva do aceite vexetal de fritura. Os CSC de Vite, Conxo, Castiñeiriño, Pontepedriña, Fontiñas, A Trisca, Amio, Villestro, Vidán e A Almáciga dispoñen de bidóns onde os veciños poden depositar o aceite vexetal de fritura usado.
A Concellería de Centros Socioculturais lembra que este aceite de fritura non debe botarse polos vertedoiros dos fogares, nin pode ir nos contedores habituais de lixo. O aceite depositado nestes bidóns será logo reciclado ou mesmo revalorizado enerxeticamente.A cidadanía interesada pode acudir a estes centros nos seus horarios habituais para facer uso deste servizo.