SEGURIDADE CIDADÁ
A proposta do xefe da Policía Local e do concelleiro delegado, este ano as medallas do Corpo, que recoñecen o mantemento durante a vida profesional dunha conduta exemplar ou os méritos contraídos ao longo dun período de tempo, recaerán no oficial Manuel Andrés García Otero, que desempeña o seu labor en Santiago dende 1971; no catedrático de Toxicoloxía da Facultade de Medicina da USC, Manuel López-Rivadulla Lamas; no sarxento 1º do destacamento de tráfico da Garda Civil de Santiago, Miguel Rodríguez Vázquez; no subinspector do Corpo Nacional de Policía de Santiago, Alfonso Martínez Rial; e no funcionario do Concello adscrito á área de circulación José Antonio Suárez García.
Ademais, entregaranse os galóns de mérito a unha serie de axentes do Corpo da Policía Local que se distinguiron polas súas virtudes profesionais e humanas ao longo do último ano. Nesta ocasión serán para José Manuel Sampedro Alcalde, Marcos Iglesias Martínez e Manuel Curros Esperante.
A concesión de medallas e galóns está recollida no Regulamento do Corpo da Policía Local de Santiago de Compostela no seu título V dos premios e distincións, concretamente nos artigos 46 e 44.
A Policía Local entrega este sábado as súas medallas e galóns con motivo do seu patrón
26/02/2013 Con motivo da celebración do Patrón da Policía Local, o Santo Anxo da Garda, o Concello fará entrega das medallas do Corpo e dos galóns de mérito a oito profesionais este sábado 2 de marzo. A proposta será aprobada previamente polo Pleno da Corporación.
A Policía Local celebra o día do seu patrón, o Santo Anxo da Garda, este sábado. Con tal motivo, o Corpo entregará as súas placas e medallas de recoñecemento nun acto presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás.A proposta do xefe da Policía Local e do concelleiro delegado, este ano as medallas do Corpo, que recoñecen o mantemento durante a vida profesional dunha conduta exemplar ou os méritos contraídos ao longo dun período de tempo, recaerán no oficial Manuel Andrés García Otero, que desempeña o seu labor en Santiago dende 1971; no catedrático de Toxicoloxía da Facultade de Medicina da USC, Manuel López-Rivadulla Lamas; no sarxento 1º do destacamento de tráfico da Garda Civil de Santiago, Miguel Rodríguez Vázquez; no subinspector do Corpo Nacional de Policía de Santiago, Alfonso Martínez Rial; e no funcionario do Concello adscrito á área de circulación José Antonio Suárez García.