ALCALDÍA

Celebracións polo 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

24/02/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu na praza de Vigo ao acto organizado pola Fundación Rosalía de Castro con motivo do 176 aniversario do nacemento da poeta.

Ao pé do monumento da praza de Vigo que lembra onde naceu a escritora, o alcalde; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, realizaron unha ofrenda floral. Ademais, un grupo de gaiteiros interpretou a "Alborada de Rosalía", composta pola propia poeta, uníndose así á interpretación masiva desta peza musical convocada para este día en diversos lugares de Galicia.

Tras participar nesta ofrenda, o alcalde e varios concelleiros do Goberno municipal dirixíronse a Padrón para participar noutro acto con motivo da mesma efeméride. Na Casa de Rosalía, diversas personalidades culturais, sociais e políticas recitaron na honra da escritora. Alí presentáronse tamén os actos conmemorativos do 150 aniversario de Cantares gallegos. A música puxérona Uxía e Sérgio Tannus.

Compartir: