XUVENTUDE

Inaugurada a mostra "Entre viñetas. Relatos e soños gráficos do IES de Sar"

19/02/2013 O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, inaugurou a exposición Entre viñetas. Relatos e soños gráficos do IES de Sar, que estará aberta ata o 9 de marzo no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Esta mostra exhibe os resultados do Curso de Iniciación ao Cómic realizado en 2012 por alumnos de Bacharelato Artístico do IES de Sar. O seminario foi impartido polo artista Miguel Ángel Vigo Baleirón.

Compartir: